Na parroquia de Ronfe, en Láncara (Lugo), contamos cunha gran riqueza natural, cultural e social que moitas veces non está completamente aproveitada. O noso obxectivo é poñer en valor os recursos públicos dispoñibles para mellorar a calidade de vida da veciñanza, fomentar a participación comunitaria e impulsar o desenvolvemento sostible do rural.
✔ Proporcionar axuda ás personas que sufriron adversidades e trauma complexo no contexto da infancia.
✔ Velar polos seus intereses.
✔ Favorecer a sua autonomía persoal.
✔ Desenrolar iniciativas que promovan a súa independencia económica.
✔ Fomento do Uso dos Espazos Públicos: Organizamos actividades culturais, educativas e recreativas en instalacións municipais, como centros sociais, áreas naturais e espazos deportivos, co obxectivo de dinamizar a vida comunitaria.
✔ Apoio á Agricultura e ao Desenvolvemento Local: Promovemos o uso de terreos públicos para hortas comunitarias, proxectos de economía social e iniciativas de autoabastecemento que fortalezcan a identidade rural e favorezan o consumo local.
✔ Divulgación do Patrimonio e do Medio Natural: Realizamos rutas de sendeirismo, obradoiros sobre a fauna e flora autóctonas, así como encontros interxeracionais para recuperar a memoria histórica e cultural da parroquia.
✔ Acceso a Servizos e Recursos: Traballamos para mellorar a conectividade dixital, fomentar o acceso a programas de formación e orientación laboral, e facilitar servizos sociais que atendan ás necesidades da poboación.
✔ Colaboración con Institucións e Asociacións: Establecemos lazos con administracións locais, entidades educativas e grupos sociais para garantir o bo uso dos recursos públicos e impulsar novas oportunidades para a comunidade.
Se queres formar parte deste proxecto, participar nas actividades ou propoñer novas ideas, contamos contigo! Xuntos podemos facer de Ronfe un lugar máis activo, conectado e cheo de posibilidades.
Para levar a cabo os seus fins, a asociación poderá organizar as seguintes actividades:
– Actividades agropecuarias nos terreos privados dos membros da asociación ou en terreos de aluguer que estén na parroquia de Ronfe.
– Actividades industriais en terreos dos membros da asociación.
– Actividades de ocio e tempo e tempo libre en terros destinados a este uso.